viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020


Queridos/as alumnos/as:

Chegou o derradeiro día do curso. 
Xa estades graduados de 2°, parabéns!!!

En primeiro lugar, gustaríame agradecervos tanto a vós, como as vosas familias, todo o esforzo dedicado ao longo do curso e, especialmente, neste último trimestre a distancia.

Dame moítisima mágoa non acabar o curso con vós, non poder abrazarvos, non facer unha gran festa (que nos mereciamos tod@s) nin despedirme en persoa, pero quédome con todos os recordos que vivimos xunt@s, que son bastantes e que comparto con vós no vídeo de despedida que fixen.

Estou encantadísima con todo o grupo, fixestesme moi feliz.
Cada un e cada unha de vós é moi especial para min e estou convencida de que vos irá xenial.
Seguide traballando, esforzándovos e portándovos de marabilla. Sodes uns campións e unhas campionas!!!

Disfrutade moitísimo das merecidas vacacións de verán!!!
E se algunha vez me vedes pola rúa, non esquezades saudar!!
Quérovos moito!!💖🌈

Un bico e abrazo xigante,
FELIZ VERÁN!!
Paloma.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...