viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020


Queridos/as alumnos/as:

Chegou o derradeiro día do curso. 
Xa estades graduados de 2°, parabéns!!!

En primeiro lugar, gustaríame agradecervos tanto a vós, como as vosas familias, todo o esforzo dedicado ao longo do curso e, especialmente, neste último trimestre a distancia.

Dame moítisima mágoa non acabar o curso con vós, non poder abrazarvos, non facer unha gran festa (que nos mereciamos tod@s) nin despedirme en persoa, pero quédome con todos os recordos que vivimos xunt@s, que son bastantes e que comparto con vós no vídeo de despedida que fixen.

Estou encantadísima con todo o grupo, fixestesme moi feliz.
Cada un e cada unha de vós é moi especial para min e estou convencida de que vos irá xenial.
Seguide traballando, esforzándovos e portándovos de marabilla. Sodes uns campións e unhas campionas!!!

Disfrutade moitísimo das merecidas vacacións de verán!!!
E se algunha vez me vedes pola rúa, non esquezades saudar!!
Quérovos moito!!💖🌈

Un bico e abrazo xigante,
FELIZ VERÁN!!
Paloma.




jueves, 18 de junio de 2020

Xoves 18 xuño

Boísimos días!!!
A primeira sorpresiña de despedida que vos traio é a nosa ORLA de clase!! Quedou CHULÍSIMA!! Moitísimas grazas a todas as familias por participar💙💚💛💜
A ver se sodes capaces de recoñecer aos vos@s compis!!


Mañá, como despedida, ensinareivos outra sorpresa.🙈🙊🙉
Espero que estedes tod@s moi ben e que teñades un fermoso día!!
Biquiños!


Os xogos para hoxe son os seguintes:

Matemáticas: Números perdidos


Natureza: El cuerpo humano. Repasamos los huesos y músculos.


Lengua: 



miércoles, 17 de junio de 2020

Mércores 17 xuño

Ola queridísimos alumnos e alumnas!!
Como vai a semana?? Xa non queda nada para rematar o curso...

Mañá colgarei aquí a Orla de clase para que vexades o resultado!! A min encántame!! Aínda que aún faltan algúns/algunhas compis por facela...animádevos a crear o voso avatar!!

Para hoxe preséntovos diferentes xogos, espero que vos gusten:

Natureza: Xogo sobre os animais. A ver se lembrades as súas características.



Matemáticas: Repasamos as táboas de multiplicar. Para xogar, debedes facer clic no enlace que vos poño a continuación, poñer o voso nome e ter esas cabeciñas activas para responder correctamente e o máis rápido posible. Moita sorte!!!

Galego: Comprensión lectora.




Música:  Ver o blog da profe Elena e ler a súa despedida. https://acercandonosalamusica.blogspot.com/2020/06/1y-2-primaria-14-de-junio.html

martes, 16 de junio de 2020

Last projects

Martes 16 xuño

Bos días nenos e nenas!! Que tal estades??
Xa somos 18 na Orla!!! anímovos aos que faltades a que fagades ao voso avatar para saír co resto de compis. O xoves/venres mandareivos o resultado!!


Para hoxe, imos facer un xogo de repaso de todas as materias. Para completalo con éxito necesitades un papel e lapis. Son 5 misións, algunhas máis complexas que outras, a ver se sodes capaces de resorvelas todas!! Moito ánimo!!




Lengua: Ortodesafío. Escoged la respuesta correcta



Matemáticas: Repasamos la tabla del 9 con este puzzle interactivo

La tabla del 9, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

lunes, 15 de junio de 2020

Manualidades e traballos

Boas tardes!!
Deixovos por aquí unhas manualidades chulísimas feitas por dous dos vosos compis!!! Moitas grazas aos dous!! Espectaculares!!💜💛💙💚



Luns 15 xuño

Boísimos días!! Espero que estedes xenial!!
Gustoume moito a última videochamada, moitas grazas a tod@s!!💙


Agora sí, comezamos a última semana do curso!!!
Recordarvos aos que faltades, que tedes ata o mércores (xoves como moi tarde) para crear o voso avatar e saír na Orla dixital de 2°A (enlace no voso correo).
Está quedando chulísima!!!

IMPORTANTE: Fíxadevos ben que o avatar quede como "foto" do voso perfil, senón non aparece na Orla cos demais compis.

Para hoxe, propóñovos os seguintes xogos:

Trivial para repasar cuestións de todas as materias. Unha vez consigades todos os quesiños, teredes que acertar varias preguntas para gañar!!





Lengua: Ficha interactiva para repasar el Sujeto y Predicado.


DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...