Hoxe e mañá son días de descanso, así que non publicarei actividades ou tarefas para realizar.
De todos os modos, podedes seguir enviándome fotos do que estades a facer para publicar coa etiqueta de #EuQUEDONACASA.
O luns faremos un repaso trimestral de todas as áreas, non serán avaliables, pero podedes intentar facelos como na clase, xa sabedes: Técnica 1 e ton 0. 😊
Estes días aproveitade para repasar os contidos cos libros ou xogos que publiquei tanto aquí, coma no blog das mestras de 2º traballando na casa
Deixovos ademais enlace a varias páxinas moi interesantes nas que podedes repasar e xogar, algunhas manualidades, un experimento e un vídeo para relaxarnos un pouco (que tampoco nos vén nada mal)
RECURSOS:
http://www.ceiploreto.es/ (todas as materias)
https://www.aulapt.org/ (todas as materias)
https://aulaitbook.com/ (Matemáticas)
MANUALIDADES:
Libro de manualidades: Clica aquí
EXPERIMENTO: O ovo saltarín!
RELAXACIÓN
Ata pronto! Coidadevos moito e portádevos ben!!💙💚💛💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario