lunes, 23 de marzo de 2020

Rematamos o trimestre

Ola, bos días!!!
Como vos comentei a semana pasada, toca facer unhas fichas de repaso sobre todos os contidos que vimos ata agora. NON SON AVALIABLES, pero se podedes facédeos como na clase, Técnica 1 e Ton 0, moi concentradiños e concentradiñas!!😇

Deixovos aquí o enlace directo á publicación no blog de Traballando na casa onde atoparedes os pdfs descargables para cada materia. https://traballandonacasa.blogspot.com/2020/03/rematamos-o-trimestre.html

Tedes toda a semana para facelos.

Se non tedes impresora, pedide axuda a un adulto para que vos copien as preguntas nunha libreta ou escribide a materia na parte superior do papel, por exemplo: MATEMÁTICAS e despois poñede o número da pregunta coa vosa resposta.

Podedes facer descansos entre cada proba, podedes xogar, debuxar, ler, etc. ou podedes axudar a este piratiña a conseguir o tesouro resolvendo a unhas preguntas sobre Natureza (clica na seguinte imaxe).


⚠️Cando rematedes todas as fichas, enviademas ao correo orecunchodesegundoa@gmail.com para correxilas.⚠️

Moito ánimo e moitos bicos para tod@s!! Bótovos moito de menos!!💖


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...