Bos días!!
Hoxe imos facer unha cousa totalmente diferente.
No cole tamén temos clase de relixión e valores, por iso traemos unha actividade proporcionada pola profe Ana.
Tedes que ver este vídeo e contestar as seguintes preguntas.
Que vos parece? Sinxelo e interesante, verdade? Pois comezamos.
🔅Visionado do vídeo.
🔆Despois de ver o vídeo, contesta ás seguintes preguntas:
- Por que o protagonista non pode beber ou xogar?
- Como crees que se sente o protagonista?
- Por que crees que se sente así?
- Por que crees que é capaz de atravesar o valo?
- Por que crees que lle axudan os amigos?
- Por que desaparece o valo?
- Que actitudes dos demais fanche sentir mal?
- Que aprendes deste vídeo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario