🌷🌷A PRIMAVERA.🌷🌷
Ola rapaces e rapazas:
Hoxe deixovos por aquí unhas actividades fermosas que preparou a profe Sali de 2°B.
Hoxe deixovos por aquí unhas actividades fermosas que preparou a profe Sali de 2°B.
Como xa sabedes a primavera comezou o 20 de marzo e hai días que chove e outros que vai calor. Así é a primavera! Nalgunhas ocasións prodúcese un fenómeno visual chamado "arco da vella", que seguramente coñeceredes moi ben.
Hoxe imos traballar aspectos relacionados coa primavera así que arrincamos:
📗CIENCIAS DA NATUREZA.Hoxe imos traballar aspectos relacionados coa primavera así que arrincamos:
Ver o vídeo do arco da vella.
Fixarse como se produce o arco da vella e as cores para facer despois as actividades das linguas. Contestar oralmente a estas preguntas:
Que será un arco da vella lunar? Hai máis cores no arco vella?
📘📙 LINGUAS.
Dúas opcións.
- Descargar o pdf e facer as actividades.👇 Abaixo
- Copiar na libreta.
📕MATEMÁTICAS.
Resolver estes problemas baseados na Primavera. Le varias veces, rodea os datos, calcula e non te esquezas de escribir a solución.
PREME PARA VER O PDF
🎵🎵MÚSICA.🎵🎵
Hoxe teríamos Música e a profe Elena propuso novas actividades para que practiquedes. Acceder ao Blog de música para velas.
Ademais, se queredes podedes escoitar a Vivaldi e a súa Primavera mentres traballades ou correxides as tarefas de matemáticas.
📌Unha vez feitas todas as tarefas podedes comprobar no Solucionario se todo está correcto.
✂ E como manualidade déixovos unhas flores de cores para celebrar a primavera. Preme no ENLACE.
Esperamos que vos gusten moito! Feliz día!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario