lunes, 13 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE

Bos días queridos e queridas alumnos e alumnas!!!
Xa estou aquí outra vez!! Botavádesme de menos?
Xa levamos un mes sen vernos e eu bótovos moitísimo de menos.
Sei que traballar desde casa e sen poder estar en grupos ou coa clase é moi complicado e as veces custa bastante pero xa queda menos para poder volver ao cole e vernos tod@s. Así que mándovos moita forza e ánimo e o venres xa nos vemos "dixitalmente" os/as que podamos, vale?

Espero que descansarades moito estes días porque agora toca volver a traballar un pouquiño.


Se vemos o horario, hoxe toca facer un pouco de Lengua, Matemáticas, Sociais e Educación Física.
A continuación vou poñer as páxinas que imos facer de cada materia. Quen queira pode ler e contestar as preguntas sós, ainda que vos deixo uns vídeos explicativos por se os queredes ver primeiro.

⚠️Lembrade:

  • Poñede sempre a data.
  • Boa letra e presentación.
  • Non esquezades o uso da maiúscula e os signos de puntuación.

Mañá colgarei as solucións, polo que non tedes que mandarme as tarefas feitas.


LENGUA:  Unidade 11: Páxinas 140-143.




MATEMÁTICAS: Unidade 11: Páxinas 140-143





SOCIAIS: Unidade 5: Páxinas 71-75. 
*Os que non teñades o libro, podedes responder ás preguntas nunha libreta. Lembrade poñer arriba o nome da materia e a data, e despois a páxina e o número do exercicio que estades a contestar.




PLAN B: 
  • Ver o vídeo de Happy Learning sobre o Ciclo da auga







EDUCACIÓN FÍSICA: A profe Lucía deixou para vós a seguinte mensaxe con varias actividades.

Hola mis bocachanclas!
¿Que tal la semana Santa? Espero que hayáis hecho muchos juegos en casa. Para que no os oxidéis mucho os dejo unos enlaces para que hagáis ejercicio en casa. Del último vídeo me gustaría que probarais a hacer por lo menos tres actividades. Y recordad que después de Educación física siempre nos cambiamos la camiseta y nos lavamos las manos.
Un abrazo muy grande.
Lu

Just dance waka waka


Rutina de ejercicios Ingles

JUEGOS de EDUCACION FISICA para HACER EN CASA | CUARENTENA

Xa sabedes que o horario é orientativo, organizádevos como mellor vos funcione pero non perdades a rutina. Mañá máis e mellor.
Un bico enorme!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...