viernes, 24 de abril de 2020

Venres 24 de abril

Bos días nenas e nenos!! Xa chegamos ao venres!!👏👏💃
Hoxe pola tarde toca videochamada, lembrade ensinar un dos vosos obxectos para que os/as demais adiviñen o corpo xeométrico. Eu tamén ensinarei os que atopei!!

Antes de nada, quería agradecervos a vosa participación no día do libro, esperarei un día máis por se se animan os/as que faltan e facer o vídeo.

Coma sempre, antes de explicarvos as tarefas de hoxe, deixovos aquí as SOLUCIÓNS das páxinas traballadas onte (espero que non esteades a facer trampas...Hai que facer as páxinas primeiro e despois comprobar co solucionario. Se as copiades non estaredes aprendendo nin mellorando).
Tamén podedes ver as solucións do reto matemático que me enviou a profe Elena. Clicade AQUÍ para velas.

TAREFAS PARA HOXE

Natureza: Páxinas 80-83
  • Necesitades un papel para diseñar o voso obxecto da páxina 82. Activade a vosa creatividade!! Se queredes, podedes enviarmo ao correo.


Lengua: Páginas 156-158



Arts and Crafts: Today we are going to make salt paste sculptures!! Are you ready? Let's see the video first: http://englishfleming.blogspot.com/2020/04/segundo-seccions-bilingues-salt-paste.html
When you finish, send me your creations (orecunchodesegundoa@gmail.com).

Hoxe imos facer esculturas de pasta de sal!! Estades listos e listas? Imos ver o vídeo primeiro: http://englishfleming.blogspot.com/2020/04/segundo-seccions-bilingues-salt-paste.html
Cando rematedes, enviádeme as vosas creacións (orecunchodesegundoa@gmail.com).


Por último, deixovos aquí o resultado dos/das DETECTIVES por casa: "Na busca de obxectos con diferentes corpos xeométricos". EXCELENTE TRABALLO. Misión cumplida!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...