Deixovos por aquí unha mensaxe de parte de todas as profes de 2º e unha actividade de Sociais proposta pola profe Sali.
Que teñades un bo día e unha boa Semana Santa!!💙💙
👱👧ALUMNOS/AS:
Queridos rapaciños e rapaciñas de 2ºA, 2ºB, 2ºC e 2ºD:
Xa finalizamos este 2º trimestre que empezou moi ben e que rematou dunha forma diferente ao esperado.
As titoras de 2º queremos darvos as grazas porque sabemos que estivestedes traballando moito desde a casa, tanto nas tarefas do cole como axudando no fogar, e portándovos xenial.
Moitos aplausos e bicos para vós 💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖
Agora comezan as vacacións da Semana Santa e teredes tempo para descansar, xogar e coller forzas, xa que volveremos o martes, 14 de abril.
Durante estes días de vacacións, nós, as vosas titoras, estaremos aquí no blog preparando material e sempre dispostas a escoitaros.
E como podedes comunicarvos connosco? Pois moi fácil: empregando un medio interpersonal de comunicación que é o correo electrónico (lembrades?).
A continuación explicámosvos como se fai esta tarefa e podedes pedirlle axuda a un familiar da casa.
Biquiños e vémonos á volta.
📝Ciencias sociais. A tarefa de hoxe consiste en escribir un correo electrónico a vosa titora.
- Prazo: desde hoxe ata o 13 de abril.
- Ao correo do blog: orecunchodesegundoa@gmail.com
Que podes escribir?:
- Como estades e que botades de menos.
- Que fixestes nestes días.
- Que vos parece a corentena.
- Que facedes para divertirvos.
- Que vos gustaría que fixésemos.
- E todo o que queirades.
Tedes que escribir vós , aínda que teñades faltas de ortografía.
E para rematar. Onte día 2 de abril foi o día do Libro Infantil, así que vos deixamos aquí un enlace por se queredes pasar un ratiño escoitando estes contos de Kaladraka🔝
👨👩FAMILIAS:
Entre hoxe e mañá publicaremos neste blog e no blog de traballando na casa as instruccións para acceder aos libros dixitais da Editorial Santillana e da Editorial Anaya. Recibiredes a través de Abalar ou por correo electrónico a clave de acceso para rexistraros. Voltaremos o 14 de abril; continuaremos cos libros e explicaremos os novos cambios que imos introducir. Un saúdo familias.
As titoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario