viernes, 1 de mayo de 2020

Venres 1 de Maio

Hoxe é festivo e como vos prometín deixovos por aquí as solucións das tarefas de onte e algúns xogos e actividades que espero que vos gusten.

SOLUCIÓNS:
MANUALIDADES

Hoxe comeza o mes de Maio, e en Galicia celebramos "Os Maios".
É unha festa popular na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. Para celebrar o noso maio virtual propóñovos que fagades unha manualidade ou un debuxo. Cos que me enviedes farei un vídeo bonito. Sede todo o creativ@s que queirades!!


Deixovos algunhas imaxes para que teñades unha idea.🌻🥚🌷🍊🌸🍋🌲🍎🌳🌼


Arts and Crafts: We're going to create FLOATING WHALES. Click here to see the steps http://englishfleming.blogspot.com/2020/04/segundo-seccions-bilingues-floating.html    When you finish, send me a photo, please!

Imos crear baleas flotantes con materiais reciclados!! http://englishfleming.blogspot.com/2020/04/segundo-seccions-bilingues-floating.html  Cando rematedes, enviádeme unha fotiño, por favor!


XOGOS 

Sociais: Ficha interactiva sobre a AUGA. Se a facedes, ao rematar pulsade Terminar e enviádeme as vosas respostas para ver que tal o fixéchedes (orecunchodesegundoa@gmail.com)

El agua, una ficha interactiva de Toreja
liveworksheets.com


TABÚ: Palabras relacionadas co Coronavirus. Podedes imprimilas ou diseñar as vosas propias. Ver as NORMAS para saber cómo xogar.



ACTIVA TU MENTE: Diferentes probas para superar e estimular esas cabeciñas.




CONTACONTOS: 


A nosa querida escritora Paula Carballeira conta un conto sobre un mouchiño moi simpático.


Desfrutade da miniponte!! Quérovos moito!! 💚💜💙

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...