martes, 31 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

Boas tardes nenos e nenas de 2°A!! 
Aquí temos a unha compañeira creando figuras cos palillos e practicando coa flauta de música.🎶💜 Estades a practicar os/as demais?? Seguro que sí!! Moitas grazas polas túas fotos!!




#EuQUEDONACASA 

Martes, 31 marzo

BOS DÍAS!!!

Unha semana máis temos que seguir en casa para vencer este virus...
É un gran esforzo e bótovos moitisisisimo de menos, pero estades facéndoo XENIAL!!

Moitas grazas a tod@s por ese gran traballo coas fichas de repaso trimestral. Sodes os/as MELLORES!!!


Hoxe imos facer un pouco de Lengua, Mate e Arts and Crafts.
Deixovos abaixo os enlaces e documentos descargables. Ademais, tedes as solucións ás tarefas de matemáticas para que corrixades unha vez as fagades.

PLAN B:
Para os que queirades tamén vos deixo unha ficha de galego que fixo a profe Maria de 2ºD de reforzo.
📕 GALEGO


TAREFAS PARA DESCARGAR:

Lengua: DETECTIVES
Arts and Crafts: Clicade na imaxe para acceder ao blog de inglés

Clicade aquí para ver as SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS

Moitos bicos e coidadevos moito!!💓💋

lunes, 30 de marzo de 2020

Exploradores/as na casa

A primeira exploradora!! 🔍🐐



Eu quedo na casa

Vexo que ademais de seguir traballando tamén estades aproveitando moi ben o tempo para facer moitas cousas máis. Aquí temos a un par de compañeiros/as que nos ensinan o que andan a facer estes días en casa. Moitas grazas!!!😃💜💛💚💙

Facendo experimentos

Axundando nas tarefas de casa!!

Aplaudindo ás 20:00h 

Practicando coa flauta

Facendo tortitas

Facendo videochamadas con familiares

Limpando as fiestras

#EuQUEDONACASA


ATENCIÓN

Prezadas familias de 2°:

Hoxe tiñamos pensado iniciar o 3° trimestre pero debido a que hai alumnos/as que teñen algúns libros no cole, que hai que activar as licenzas dos libros dixitais e seguindo as ordes da Consellería de Educación, as titoras de 2° decidimos iniciar o 3° trimestre á volta da Semana Santa. 

Durante esta semana seguiremos afianzando aspectos como as unidades de medida, ortografía, cálculo e comprensión. 
Á volta das vacaciones continuaremos progresando no currículo de 2°e intentaremos incorporar a aqueles alumnos e alumnas que aínda non temos noticias de eles/as. 

⚠️⚠️Importante por favor que todas as familias teñan a aplicación Abalar para recibir as cualificaciones do 2° trimestre o venres 3 de Abril ⚠️⚠️

Moitas grazas pola vosa comprensión.

ANIMAIS 3D

Ola rapaces e rapazas!! Como o levades??
Hoxe seremos exploradores/exploradoras e imos buscar diferentes animais en 3D.

Necesitades que un adulto/adulta vos deixe o teléfono móbil.
Despois, só tedes que buscar un animal en google (non están todos dispoñibles) e podedes velo en tres dimensións e colocalo en diferentes espazos da vosa casa.


Eu xa o probei e ENCANTOUME!! Aquí estou cun pandiña moi riquiño no meu salón de casa.

E un tigre que se colou no noso blog

Espero que vos guste tanto coma a min!! 
Se queredes podedes compartir as vosas imaxes co resto da clase enviándomas ao correo. 

#ExploradoresNaCasa




viernes, 27 de marzo de 2020

Venres, 27 de marzo

Bos días a tod@s!! Esperamos que esteades ben e que sigades con moitas ganas de aprender.

Hoxe propoñémosvos un par de actividades moi sinxelas para que fagades na libreta. O importante é que o fagades con calma, con boa letra e moi boa presentación.
A ver que tal o facedes. Seguro que xenial!!😎

Clicade na imaxe para descargar o documento.


Moito ánimo e que pasedes unha boa fin de semana!!💙💚💛💜

jueves, 26 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

Ola!! Espero que teñades unha boa tarde. Por aquí vos deixo máis fotos dos vosos compañeiros e compañeiras que ademais de seguir traballando un pouquiño cada día tamén teñen tempo para disfrutar da familia, xogar e facer manualidades!! 🧡💜💚❤💙

Traballando moito

Xogando ao trivial coa familia

Conseguindo queixiños para gañar!!

Creando un catalexo 

🌈ARCOS DA VELLA🌈



#EuQUEDONACASA

Ánimo!!

Mensaxiño da profe Helen e o seu fillo Gael🌈🧡💜💚

#EuQUEDONACASA 


Xoves, 26 de marzo

Bos días!!
Hoxe imos facer unha cousa totalmente diferente. 
No cole tamén temos clase de relixión e valores, por iso traemos unha actividade proporcionada pola profe Ana. 
Tedes que ver este vídeo e contestar as seguintes preguntas.
Que vos parece? Sinxelo e interesante, verdade? Pois comezamos.
🔅Visionado do vídeo.

🔆Despois de ver o vídeo, contesta ás seguintes preguntas:
  • Por que o protagonista non pode beber ou xogar?
  • Como crees que se sente o protagonista? 
  • Por que crees que se sente así?
  • Por que crees que é capaz de atravesar o valo?
  • Por que crees que lle axudan os amigos?
  • Por que desaparece o valo?
  • Que actitudes dos demais fanche sentir mal?
  • Que aprendes deste vídeo?

miércoles, 25 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

 Máis compañeiros e compañeiras comparten con tod@s o que andan a facer estes días. 😃💚💙
Moitas grazas!!

Experimentos de ciencias. 
Facendo un volcán!!

Trepando pola habitación

Coidando ás máis pequenas da casa!!💗 

Supercastelo de Lego 

Decorando a habitación

#EuQUEDONACASA


Vídeo do profesorado do Fleming

Bos días queridos alumnos e queridas alumnas!!
Os/as profes queremos mandarvos moito ánimo e paciencia!! Pronto volveremos ao cole a xogar e traballar xunt@s. Clicade na imaxe para ver o vídeo.
Quérovos moito!! 💙💚💛💜


Blog de música 🎼

Ola! A mestra de música propúsovos unha serie de actividades. Deixovos o enlace para que lle botedes unha ollada.

martes, 24 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

Ola a tod@s! Que tal levades a semana? Espero que xenial!!
Aquí tedes a moitas compañeiras vosas que ademais de traballar, tamén axudan nas tarefas da casa!! Que sorte teñen as vosas familias!!💕😄

Rematando o libro de Lengua 📘

Practicando restas e sumas 👩🏻‍🏫

Cociñando 👩🏻‍🍳

De xardineira 👩🏻‍🌾

Facendo a cama🏠

Manualidades 📱


🌈ARCOS DA VELLA🌈



Coidadevos moito!!❤

#EuQUEDONACASA 

lunes, 23 de marzo de 2020

Fichas trimestrais


Debido a que algúns e algunhas de vos non tedes impresora e que pode levar máis tempo do previsto, porque non todo é traballar.

As titoras tomamos a decisión de ampliar a data de entrega.
Tedes toda a semana para facer as fichas, ata o venres, así podedes facer unha cada día.

Moito ánimo!!

Rematamos o trimestre

Ola, bos días!!!
Como vos comentei a semana pasada, toca facer unhas fichas de repaso sobre todos os contidos que vimos ata agora. NON SON AVALIABLES, pero se podedes facédeos como na clase, Técnica 1 e Ton 0, moi concentradiños e concentradiñas!!😇

Deixovos aquí o enlace directo á publicación no blog de Traballando na casa onde atoparedes os pdfs descargables para cada materia. https://traballandonacasa.blogspot.com/2020/03/rematamos-o-trimestre.html

Tedes toda a semana para facelos.

Se non tedes impresora, pedide axuda a un adulto para que vos copien as preguntas nunha libreta ou escribide a materia na parte superior do papel, por exemplo: MATEMÁTICAS e despois poñede o número da pregunta coa vosa resposta.

Podedes facer descansos entre cada proba, podedes xogar, debuxar, ler, etc. ou podedes axudar a este piratiña a conseguir o tesouro resolvendo a unhas preguntas sobre Natureza (clica na seguinte imaxe).


⚠️Cando rematedes todas as fichas, enviademas ao correo orecunchodesegundoa@gmail.com para correxilas.⚠️

Moito ánimo e moitos bicos para tod@s!! Bótovos moito de menos!!💖


domingo, 22 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

Ola a tod@s! Espero que esteades ben!! 
Eu bótovos moito de menos pero alégrame recibir fotos como estas. 😍❤

Regalo para o pai deste compañeiro. Quedoulle xenial!! Agora a xogar moito!! 😉🧡

Manualidade dunha compañeira con materiais reciclados ♻️ 🐸 Precioso!!💚

Aquí temos á creadora das figuriñas do outro día!! ◾🔺️
Hoxe fixo unhas galletas que teñen moi boa pinta!!😋 💜
Estades feitos uns grandes cociñeiros/as!!👩🏻‍🍳

#EuQUEDONACASA 

sábado, 21 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

Bos días!! Fixádevos nas creacións de dúas das vosas compañeiras 💜👧🏻👧🏻

En plena tarefa como pintora 👩‍🎨

Figuriñas con palillos ❤

Encántanme!! Grazas por compartir as vosas obras con tod@s!

#EuQUEDONACASA 

viernes, 20 de marzo de 2020

PRIMAVERA🌈🌻🌳

Hoxe, 20 de marzo, comeza a Primavera, e como somos as/os mellores, deixamos lista a Mérida.💚


Benvida Primavera!!
🦋💐🐛🌼🐞🌷🐝🌳

Eu quedo na casa

Aquí vos deixo imaxes dunha compañeira que ademais de traballar moito tamén aproveita o tempo para xogar en familia!! 🥰😊

Os animais vertebrados

 
Xogando en familia

Un compañeiro sigue practicando as partes dos polígonos, lembrades como se chaman os puntiños que unen os lados (palillos)??

...Vértices!! Seguro que o sabiades 😉



Ademais, outra compañeira vosa mandou este fermoso arco da vella 🌈


E eu fixen un biscoito de limón porque destesme envexa coas vosas receitas 😋👩‍🍳


#EuQUEDONACASA 

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...