BOS DÍAS!!💥💓
Antes de explicarvos as tarefas, gustaríame
comentarvos que existen varias plataformas e aplicacións que podedes utilizar
durante estes días.
EDUCLAN:
A partir de hoxe luns 16, Clan lanza
esta iniciativa. Os contidos agruparanse en tres canles:
EduClan 3 a 5 anos
EduClan 6 a 8 anos
EduClan 9 a 10 anos.
As familias atoparán vídeos sobre as
principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lengua,
Lóxica e Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías ou
Convivencia. Esta nova canle espera contar con máis de 200 vídeos nos próximos
días.
EPIC!
Epic é unha librería dixital na que
atoparedes contos, audiocontos, tests sobre a lectura, vídeos, cómics... Os
nenos/as conseguirán recompensas unha vez finalicen unha lectura, e os
pais/nais/titores podedes observar canto tempo dedicaron á lectura e os libros
que consultaron e leron. https://www.getepic.com/
A meirande parte dos libros están en
inglés porque é unha aplicación estranxeira pero tamén hai sección en español.
Podedes descargala GRATUITAMENTE
durante 30 días, e se vos gusta son 7,20€ ao mes.
***BLOGS***
Na parte dereita do blog tedes acceso
directo ao blog de inglés (Level 2: cada semana subirán actividades novas para que vaides traballando).
Tamén tedes acceso ao blog de recursos de 1º e 2º con actividades de todas as materias (TIC TAC Fleming).
Tamén tedes acceso ao blog de recursos de 1º e 2º con actividades de todas as materias (TIC TAC Fleming).
Ademais, as mestras de 2º estamos creando un blog novo para publicar recursos sobre as distintas materias. Deixovos aquí o enlace https://traballandonacasa.blogspot.com/ Tamén o tedes no lado dereito do blog.
Unha vez explicado isto,
comunicarvos que publicarei cada 2 ou 3 días distintas actividades e tarefas
para realizar.
Para hoxe e mañá, explícovos neste documento
TAREFAS descargables:
Podedes mandarme foto das tarefas ao correo do blog: orecunchodesegundoa@gmail.com para ir correxindo e tomando nota de o que ides facendo.
Moitas grazas a tod@s!!
Ata pronto! 😚
No hay comentarios:
Publicar un comentario