Espero que esteades ben e na casiña, coma eu.
Como xa sabedes, estes 14 días toca traballar dunha forma diferente, toca traballar desde casa!!
As mestras de 2º estamos preparando materiais para que non esquezamos o aprendido ata agora. Mentres tanto podedes, se queredes, facer unha das 70 ideas que aparecen na seguinte imaxe e pedirlle a un/unha maior que vos faga unha foto e a envíe ao correo orecunchodesegundoa@gmail.com para compartila co resto dos/das compañeiros e compañeiras.
Seguiremos en contacto. Portádevos ben e coidadevos moito!! Espero que nos poidamos ver pronto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario