viernes, 13 de marzo de 2020

Suspensión das clases

Ola, familias!
Como xa sabedes polo comunicado da Xunta de Galicia, a partir do luns 16 de marzo, suspéndense as clases como mínimo 14 días.

Moitos de vós viñestes hoxe polo colexio para coller os libros de Lengua, Natureza, Sociais e a carpeta de Inglés. Hai familias que non tendes a aplicación de Abalar descargada e polo tanto non vos chegou a mensaxe de que podiades vir hoxe ou o luns 16 a polos libros (recoméndovos que a descarguedes para poder estar en contacto con tod@s).

De momento, os alumnos e as alumnas poden rematar os libros de: Lengua Castelá (páxinas 136,137,138 e 139), Matemáticas (que xa estabamos acabándoo onte), Lingua Galega (repaso trimestral) e a unidade 4 de Sociais (páxinas 65,66 e 67).
Tiñamos previsto nas semanas vindeiras repasar os contidos traballados neste 2°trimestre e realizar as probas trimestrais. Agora as mestras de 2° teremos que reunirnos para programar de novo e axustar a programación.

Doutra banda, a mestra Laura de inglés comentoume que os nenos/as poden acceder ao blog de inglés no que atoparán xogos e cancións. Deixovos aquí o enlace: onetwothreeplaytime.blogspot.com

Non vos preocupedes. Neste blog irei subindo materiais para traballar estes 14 días. De todos os modos, pídovos que aínda que o alumnado ten os libros do 3° trimestre na casa, esperedes para comezar todos e todas xuntos/as (xa sexa virtual ou fisicamente).

Se queredes comunicarme algo ou ensinarme fotos dos traballos que estean a facer os nenos/as podedes empregar o correo electrónico do blog: orecunchodesegundoa@gmail.com

Moitas grazas a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DESPEDIDA 💜🌈

Vigo, 19 de xuño de 2020 Queridos/as alumnos/as: Chegou o derradeiro día do curso.  Xa estades graduados de 2°, parabéns!!! ...